O público do FETEGA premia a 'Curva España' de Chévere

Pepo Suevos, Patricia Vázquez, Machi Salgado e o espectáculo '4 segundos' completan o palmarés da XXXª edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Gala de entrega de premios e clausura do XXXº FETEGA 'Celso Parada'             Foto: FETEGA

Gala de entrega de premios e clausura do XXXº FETEGA 'Celso Parada' Foto: FETEGA

A clausura do XXXº Festival de Teatro Galego Celso Parada (FETEGA) do Carballiño desvelou os destinos do seu palmarés repartindo seis premios, dous máis que nas anteriores edicións do festival. Grazas a iso o actor Pepo Suevos puido levantar este ano o premio ao Mellor monólogo, unha das novas categorías, e o premio de interpretación desdobrouse na categorías masculina e feminina. Patricia Vázquez levou o premio a Mellor Actriz polo seu traballo na obra A compañeira de piso, de Contraproducións. Machi Slagado levou o galardón masculino grazas á súa interpretación na obra Idiota de Redrum Teatro, dirixida por Álex Sampayo. A compañía Chévere acadou grazas aos votos do público o premio a mellor espectáculo pola súa nova produción Curva España, que polo de agora só se puido ver en festivais e feiras `pero non chegou aínda ao circuíto de salas. Un dos protagonistas de esta obra, Miguel de Lira, recollía ademais na clausura do Fetega Celso Parada o premio de honra de este ano que xa fora comunicado con antelación. O palmarés deste 2019 pechábao o Premio a Mellor espectáculo de rúa para a Compañía IO pola súa montaxe 4 Segundos.

Coincidindo no tempo esta fin de seman puidemos saber que outra das actrices de Curva España e da Compañía Chévere, Patricia de Lorenzo, foi tamén recoñecida cun galardón honorífico. Neste caso O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo ven de recoñecer á actriz como Xograr de Outono de este ano, o seu distintivo de honra a unha traxectoria. O FIOT abrirá a súa edición vixésima sétima edición o vindeiro día 28 de setembro, prologándose ata o 31 de outubro.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Chévere, Patricia Vázquez, Suevos...