'O Pendulo' de Inversa teatro leva o premio do público do 33 FETEGA

É unha obra de teatro-documento sobre a represión tras o golpe de Estado militar de 1936

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Marta Pérez recolle o Premio do público do FETEGA                Foto: FETEGA

Marta Pérez recolle o Premio do público do FETEGA Foto: FETEGA

O público do Festival do Teatro Galego, FETEGA, do Carballiño valorou a montaxe 'O Péndulo', de Inversa teatro, como o mellor espectáculo desta 33ª edición do festival. Así se deu a coñecer no acto de conclusión do evento, momento no que tamén se entregou a figura conmemorativa deste recoñecemento do público á persoa de Marta Pérez, codramaturga e actriz da obra. "O Péndulo" é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar do 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. O público do FETEGA concedeulle a mellor puntuación, con máis de 9 puntos sobre 10.

Unha das singularidades da obra é que este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da Cañiza que foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia nun alto de Ponteareas. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza e única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. María conseguiu salvarse do fusilamento no último momento alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Guerra Civil, Carballiño...