Vogal, unha aplicación para localizar cine galego en versión orixinal

É un proxecto da enxeñeira Inés San Luís

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vogal, unha aplicación para localizar cine galego en versión orixinal

Inés San Luís é unha moza enxeñeira informática que acaba de publicar Vogal, unha aplicación para "descubrir series e películas en versión orixinal galega". Vogal permite acceder a unha serie de datos sobre as producións e as plataformas onde poder velo. Para facelo, a aplicación automatiza a extracción de datos de dúas plataformas. Primeiro, da Internet Movie Database, de onde colle os filmes que teñen versión orixinal en galego, e logo contrástaos con Just Watch, outra aplicación que procura nos diferentes servizos internacionais de vídeos baixo demanda, como Netflix, Hbo, Movistar ou Filmin.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Internet

Claves

Conceptos