Conecta Fiction reúne a 400 profesionais do audiovisual na procura de alianzas

Terá lugar no Gaiás do 18 ao 21 de xuño

Representantes de 35 canles internacionais entre as que se atopan HBO ou Netflix participarán no Conecta FICTION, un encontro entre profesionais do audiovisual de 17 países, desde produtoras, distribuidoras, creadoras ou plataformas como HBO, Netflix, Mediaset ou TVE. O Conecta FICTION está centrado nas sesións de ptiching, "plataformas de presentación de proxectos". Este ano haberá cinco: de coprodución internacional, de presentación de proxectos do Laboratorio de Creación de Series de Televisión da Fundación SGAE, de series en formato dixital, de obras orixinais gravadas en pantalla polos seus creadores e outra de contido publicitario. Este ano unha novidade relevante é a mostra de series Conecta FICTION FEST, dedicado desta volta á produción de Movistar +.