Conecta Fiction, o encontro audiovisual que acolleu a Cidade da Cultura esta semana e que pretende impulsar a coprodución de series de televisión entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos remata hoxe con novidades para o sector galego. Por unha banda, a Xunta anunciaba esta mañá a sinatura dun memorándum para promover a coprodución de traballos audiovisuais con Arxentina. O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, e o presidente do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA), Ralph Douglas Haiek, asinaron este acordo que contempla a creación dunha coordinadora entre as dúas entidades que "deseñará e redactará convocatorias públicas de axudas ao desenvolvemento e á coprodución", segundo explica a Xunta. "O obxectivo é obter obras de calidade que reúnan elementos culturais dos dous territorios e favorezan o intercambio de talento técnico e artÃstico".
Canda a isto, na noite de onte déronse a coñecer os pemios desta primeira edición do encontro. Movistar+ e mais RTVE seleccionaron tres proxectos de serie que dotarán de recursos para a súa realización e retransmisión. Entre as tres seleccionadas atópase Una casa en Amargura, da empresa galega Ficción Producciones. RTVE apoiará o desenvolvemento desta serie ambentada na convulsa Cuba de 1850, onde unha escrava busca as súas fillas e unha moza burguesa procura a súa liberdade.