Este xoves 15 de febreiro abre o prazo de acreditacións para a segunda xeira de Conecta Fiction, que se celebrará en Compostela entre o 18 e o 21 de xuño. O encontro especializado en contidos televisivos para os mercados de Estados Unidos, Europa e América Latina que organiza a Xunta presentaba onte en Madrid as novidades para este ano, entre as que destaca a celebración dun festival de series televisivas aberto ao público xeral e a ampliación e un a dous territorios como convidados ao evento.
Segundo informa a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Cidade da Cultura centrará de novo o foro, coa creación de catro áreas de actividade diferenciadas. Caixa de Ficción, acollerá reunións acordadas previamente pola plataforma online, Zona Conferencias amosará paneis e casos de estudo, en Zona Pitchings presentarase unha selección de 10 proxectos de América e Europa e outra especÃfica sobre o talento español con proxeccións procedentes do laboratorio da Fundación SGAE. Finalmente a Zona Screenings achegará proxeccións de series e miniseries con acceso exclusivo para acreditados. A Xunta de Galicia ,xunto con ICEX España Exportación e Inversiones e a Fundación SGAE organizan esta iniciativa.
En paralelo,a Agadic presentou a edición 2018 do catálogo Films from Galicia. O documento, dispoñible na rede, recolle unha selección de 43 producións de cinema e televisión que veñen de finalizar a súa produción recentemente ou aÃnda en fase de proxecto e que se promoverán en diferentes festivais e eventos internacionais. Destes, dezaseis longametraxes de ficción, seis longas documentais xa rematadas e cinco en proxecto, catro creacións de animación, oito obras de ficción televisiva e catro formatos de programas de entretemento fan parte do documento. O European Film Market de BerlÃn será a primeira cita na que se darán a coñecer estes proxectos a partir do dÃa 15.