Representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional daranse cita en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de xuño para asistir a Conecta FICTION, primeiro encontro dedicado á coprodución de ficción televisiva (series e miniseries) entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos. Atópanse entre eles directivos de cadeas e plataformas de televisión, produtoras, distribuidoras, empresas inversoras, de servizos e asesorÃas xurÃdicas, ademais de creadores, guionistas e axentes de vendas. AsÃ, Conecta FICTION reunirá en Galicia marcas tan coñecidas como Arte, Atresmedia, Fox Networks Group, France Televisión, HBO, Mediaset, Movistar+, Netflix, Radio Televisión Española, RTP de Portugal, Sony Pictures TV, Telemundo, Televisa, Televisión Nacional de Chile, Turner Latin America, TV Azteca e Univisión, entre moitas outras.
O programa de Conecta FICTION desenvolverá 25 encontros con profesionais de primeiro nivel internacional para abordar as oportunidades e os retos da coprodución internacional de series a través de 15 paneis e mesas redondas, seis talleres e casos de estudo, sesións sobre financiamento e incentivos fiscais, brandend content e unha demostración en directo da tecnoloxÃa máis avanzada para captar e mellorar a audiencia. A organización tamén busca garantirlles aos participantes a oportunidade de facer contactos e fixar reunións a través da Caixa de Ficción, nome co que se bautizou tanto a plataforma en liña destinada a xestionar a axenda dos inscritos, como a zona de reunións individuais e personalizadas que se habilitará na Cidade da Cultura.
O programa complétase con cinco sesións de proxeccións de series, con varias primicias europeas, que busca poñer en valor a calidade e o atractivo das producións realizadas a ambas as beiras do Atlántico e no que terá un especial protagonista Arxentina, como paÃs de honor de Conecta FICTION.Esta primeira edición do evento, que desenvolverá o seu programa diúrno na Cidade da Cultura de Galicia e o nocturno, noutros espazos de Compostela, foi presentada hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, nun acto no que tamén interviñeron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o director da Agadic, Jacobo Sutil Nesta; o director da Zona Noroeste da SGAE, Juan Carlos Fenández Fasero; o presidente do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Jorge Algora, e a a directora do encontro, Geraldine Gonard. Asistiron, asà mesmo, representantes do resto das entidades colaboradoras, asà como do sector audiovisual galego. Ficción Producciones, asina un dos 10 proxectos seleccionados pola comisión de expertos para o pitching de coprodución internacional, que terá lugar o mércores 21 como unha das actividades centrais do programa.