Unha galega gaña o certame internacional Picture This!

O Festival de Xixón seleccinou o filme Sicixia para a súa sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Unha galega gaña o certame internacional Picture This!

Lucía Martínez, unha moza de Pontevedra, foi a vencedora do certame internacional Picture This! sobre temas ambientais que convoca Sony Pictures Television Networks. Latidos, a curtametraxe de Martínez, foi seleccionada entre participantes de 177 países. A autora fíxose cun premio de 5.000 dólares e un lote de material da marca Sony. Pola súa banda, o filme Sicixia de Ignacio Vilar, acaba de ser seleccionado para a sección oficial do Festival de Xixón entre 2.000 filmes de todo o mundo. O proxecto do galego competirá con outras 15 producións na categoría de ficción no evento que se desenvolve entre o 19 e o 26 de novembro.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xixón, Ignacio Vilar, Pontevedra, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Conceptos