Sicixia e Lordemani recollen premios no World Fest de Houston

Levaron galardóns nas categorías de Filme Estranxeiro e de documental, respectivamente

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Sicixia e Lordemani recollen premios no World Fest de Houston

Os dous filmes galegos que concursaban esta fin de semana no World Fest de Houston volven para a casa co recoñecemento deste festival estadounidense. Sicixia, de Ignacio Vilar obtivo o Premio Platinum Remi Award, principal galardón ao mellor filme estranxeiro desta edición. Pola súa banda, o filme Lordemani, dirixido polo lucense Brais Revaldería en colaboración coa productora viguesa Queiman e Pousa e a madrileña Everniamedia, fíxose co galardón de bronce nunha das categorías e documentais. Sicixia competía con outros 35 filmes de diferentes países.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Ignacio Vilar, Documentais

Claves

Protagonistas