Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest

A cita de Viveiro tivo a mellor zona de acampada e a de Caldas obtivo o galardón á restauración

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os Premios Fest, únicos galardóns do Estado que recoñecen o traballo dos festivais musicais, volven ter presenza galega entre os seus gañadores. O Resurrection Fest e o Portamérica, únicos candidatos do país na edición deste ano, conseguiron cadanseu recoñecemento. O festival de Viveiro fíxose desta volta co premio á mellor zona de acampada. No entanto, ficou relegado nas outras tres categorías en que competía. Precisamente nunha delas, a de mellor zona de restauración, foi o outro finalista galego o que lle tirou o premio, de xeito que o Portamérica inaugura a súa etapa en Caldas a figurar neste palmarés cun galardón que xa obtivera en 2015 e no que estivo como finalista nas catro edicións deste certame.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portamérica, Resurrection Fest, Caldas, Viveiro

Claves

Lugares