O Son do Camiño gaña o Premio Fest como Festival Revelación do ano

Portamérica trae tres galardóns e un o Resurrection Fest

Portamérica trae tres galardóns e un o Resurrection Fest
Showrocking en Portamérica 2018 Foto:S. Montes
A 5ª edición dos Premios Fest, que recoñecen en varias categorías a excelencia no circuíto español de festivais musicais, falláronse onte en Bilbao e a colleita galega 2019 de estes eventos trae para casa algúns importantes galardóns que se reparten, e comparten, entre dúas empresas promotoras galegas. De entre todos o festivais realizados neste ano na nosa terra que optaban como finalistas foi ao final o Portamérica de Caldas, organizado desde a empresa viguesa Esmerarte Industrias Creativas, o que acadou o mellor palmarés individual con tres recoñecementos. Nesta edición o evento de Caldas volveu acadar o premio á Mellor zona de restauración, polo seu espectacular Showrocking de Chefs; a Mellor Campaña de Comunicación, un traballo de Esmerarte en colaboración con Zinqin; e o premio á Mellor activación de marca polo traballo realizado con Repsol DS. O festival o Son do Camiño, do que Esmerarte é tamén unha das empresas promotoras, recibiu un importante premio á súa primeira edición como Festival Revelación do 2019. O XIIº Resurrection Fest Estrella Galicia de Viveiro, promovido pola empresa Old Navy Port Producciones, acadou o premio á Maior achega turística a un territorio. Old Navy Port é a outra empresa que organiza O son do Camiño, co que é tamén parte do premio a ese festival.