Catro festivais galegos están ben posicionados nalgunhas das categorÃas do Premios Fest que se outorgan a estes eventos cada vez máis numerosos e relevantes no territorio nacional. Máis de 170 inscricións e arredor de 50.000 votacións deron como lugar un panel de finalistas que contempla tres posibilidades por categorÃa. Resurrection fest, O Son do camiño, Sinsal Son e 17º Ribeira Sacra están nesta recta final. Entre os festivais galegos cabe destacar a entrada este ano da primeira edición do Festival O Son do Camiño en Santiago de Compostela que consegue ser finalista en dúas importantes categorÃas como son a de Festival revelación de 2018 e Mellor Festival de grande formato, categorÃa esta na que compite co Resurrection Fest de Viveiro que un ano máis consegue optar a ese galardón, que xa conseguiu en 2016. Dáse a casualidade que ambos festivais galegos, que aquà compiten co BBK de Bilbao, forman parte do catálogo da promotora Old Navy Port, dos irmáns Méndez, aÃnda que no evento de Compostela están como parte dunha UTE coa empresa viguesa Esmerarte. O "Resu" ten tamén outras opcións finalistas na categorÃa de medios como Mellor sección sobre festivais en soporte online, grazas ao seu Resurrection Fest TV e na categorÃa de Maior achega turÃstica.
O PortAmérica 2018, organizado pola citada empresa Esmerarte, está entre as tres opcións a gañar o premio Fest á Mellor Zona de restauración, galardón que grazas á súa aposta co Showrocking xa gañaron noutras ocasións, a máis recente o pasado ano. Esta edicón do festivald e Caldas ten tamén posibilidades de conseguir o premio á Mellor Campaña de Comunicación e o traballo de patrocinio levado a cabo por eles con Repsol + DS é un dos tres finalistas na categorÃa de Mellor activación de marca. Pola súa banda o Sinsal Son Estrella Galicia da Illa de San Simón opta, pola súa edición deste ano, a traer para casa o premio ao Mellor Festival de pequeno formato. Coa súa segunda edición o festival 17 graos Ribeira Sacra ven de acadar un posto finalista entre os tres que optan ao premio á Igualdade e Diversidade de xénero. Ademais de todo isto nos premios aos mellores directos de artistas nacionais ou internacionais aparecen como finalistas algúns dos que pasaron por outras citas galegas como La RaÃz, Berri Txarrak ou Martin Garrix. Os gañadores se darán a coñecer durante unha cerimonia que terá lugar o 24 de outubro na sala BBK de Bilbao.