Meteogalicia implementa a aplicación MeteoSIX para móbil

Permite coñecer a climatoloxía do lugar exacto onde se fai a consulta

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

A aplicación MeteoSIX, coordinada por Meteogalicia, permite dispor da información da rede meteorolóxica galega no teléfono móbil. Dispoñible de balde tanto para iPhone como para Android, o programa acaba de recibir a súa última actualización, e aproveita a tecnoloxía de xeolocalización para ofertar a previsión do tempo no mesmo lugar desde o que se fai a consulta. A aplicación achegar datos sobre estado do ceo, temperatura, precipitacións, vento, cota de neve, humidade relativa, cobertura nubosa, presión, altura, período e dirección de onda e temperatura e salinidade da auga, e permite gardar puntos favoritos para vindeiras consultas localizadas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía

Claves

Conceptos