Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego de Santiago desde o teléfono móbil, e facelo ademais da man de dúas figuras como RosalÃa de Castro e Castelao, é posible grazas á aplicación deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, dispoñible para Android, que permite escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a RosalÃa de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos. Para mellorar a experiencia, recoméndase o uso de auriculares, e a app está dispoñible en galego, castelán, francés e inglés.
A app PoboAR foi creada polo alumnado do Obradoiro de emprego Appventurers do Concello de Santiago, no que participan 16 mozos e mozas menores de 30 anos que reciben formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxÃa web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. O programa combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. Ademais da aplicación móbil de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, estase a traballar en apps similares sobre a praza de Abastos e a senda peonil do Sar. Appventurers é un programa de emprego destinado a persoas mozas incluÃdas no ficheiro do sistema nacional de garantÃa xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60%. O programa conta cun orzamento de 424.836,96 euros.