Unha nova aplicación das bibliotecas públicas permite préstamo de libros electrónicos

Facilita o acceso ao catálogo completo de máis de 14.000 títulos dixitalizados

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaPolíticas Culturais
Compartir:

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dispón desde hoxe dunha nova aplicación para dispositivo móbil que permite acceder ao seu catálogo e utilizar o servizo de préstamo e consulta para ler os volumes dixitais dispoñibles. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación da app xunto co director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño. A aplicación dispoñible para os sistemas operativos de Android e iOS e permite levar nun mesmo dispositivo os máis de 14.000 títulos de fondos literarios e documentais dispoñibles en GaliciaLe+, a plataforma de préstamo electrónico da Xunta de Galicia, para acceder a eles calquera día da semana e en calquera horario. Inclúe tamén unha nova versión dixital do carné de usuario e unha nova modalidade orientada a persoas non residentes en Galicia.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Román Rodríguez, Documentais, Educación...

Claves

Protagonistas
Entidades