Bota a andar o catálogo dixital dos editores galegos

Permite adquirir obras en formato físico, pdf, e-pub e Adobe DRM, entre outros

29/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editoras abría esta semana na rede o seu catálogo dixital. O web E-libro galego permite adquirir en liña tanto volumes físicos (mediante páxinas externas) como publicacións en diferentes formatos electrónicos. Lectura na nube, descarga con dispositivo DRM social, Adobe DRM, iPhone/iPad, Android, Móbiles Java e o específico DRM e-libro-galego son as opcións que ten o comprador para moitas destas obras. Polo momento o web dispoñibiliza 81 títulos, aínda que os editores anuncian a vindeira incorporación de máis volumes á plataforma.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/06/2011

e-catálogo

Desigual ritmo das editoras na implantación do libro dixital

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Lectura, Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Editores