Os editores barallan crear unha plataforma arredor do libro dixital

As conclusións do simposio O libro e a lectura sinalan que é prioritario avanzar nos novos formatos

16/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A necesidade de garantir os dereitos de autor aos novos soportes e de apostar pola edición dixital son algunhas das conclusións que tiraron os editores o VI Simposio o Libro e a Lectura, que se desenvolveu a pasada semana no web do Consello da Cultura. Canda a isto, nas conclusión do encontro os editores apostan "polo debate intersectorial e pola creación dunha plataforma dixital conxunta para todo o sector do libro galego", e sinalan que xa se está a traballar neste campo. Os responsables das editoras galegas participan hoxe e máis mañá nun seminario no que coñecerán os mecanismos da edición nos formatos de libro electrónico.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Lectura, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos