A USC presenta a súa libraría dixital

Espazo Ebook permite adquirir obras adaptadas para computadoras, e-readers e teléfonos

8/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Medio cento de obras editadas polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago en formato dixital, con descontos de entre o 30 e o 50% sobre o prezo orixinal. Esta é a tarxeta de presentación de Espazo Ebook, a libraría dixital da Universide que se presentaba esta mañá. O proxecto, segundo explicou Juan Blanco, responsable do Servizo de Publicacións, presenta as obras en formato pdf e epub cun sistema de dereitos DRM Social que facilita a súa lectura en diferentes soportes, como computadores, e-readers e teléfonos, e mais compartir os arquivos. Esta iniciativa súmase ao repositorio universitario onde se publican en formato electrónico obras libres de dereitos de autor, e mais da platorma Unebook, no que diferentes universides teñen a venda os seus libros electrónicos con DRM restrinxido. Blanco sinalou que a USC prevé integrar os títulos á venda nesta última plataforma con aqueles que ten dispoñibles na súa propia libraría.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/11/2009

Galaxia chega ao eBook

A editora verterá o seu catálogo a este formato logo dun acordo con Publidisa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Lectura

Claves

Entidades
Conceptos