Xa na rede os primeiros eBooks de Xerais

Suso de Toro e Diego Ameixeiras inauguran o formato na editora

10/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras, son os primeiros títulos que Edicións Xerais publica en formato eBook. As obras están xa dispoñibles na rede mediante o web Todoebook a un prezo de 13.30 e 11€ respectivamente, o que supón un 30% menos que a edición física, e tamén se poden adquirir en librarías que dispoñan do servizo de venda de libro electrónico. Está previsto que os libros cheguen tamén en formato papel ás librarías ao longo desta semana, no que é o primeiro lanzamento simultáneo de versións impresas e electrónicas da edición galega.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suso de Toro, Diego Ameixeiras, Edicións Xerais

Claves

Entidades