Rinoceronte presenta Pulp Books para levar ao castelán autores galegos

Teresa Moure e Diego Ameixeiras son os primeiros lanzamentos

30/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Capa da edición de Pulp Books de Querida catástrofe

Unha colección de obras recentes da narrativa galega vertidas ao castelán. Esta é a aposta de Pulp Books, o selo que acaba de presentar Rinoceronte Editora. O proxecto, sae á rúa coas traducións de Querida catástrofe de Teresa Moure e mais de Dime algo sucio de Diego Ameixeiras. As obras lánzanse cun deseño colorido que, segundo explica Moisés Barcia, director de Rinoceronte, "busca combatir un pouco as reminiscencias románticas ou bretemosas da literatura galega". A obras saen cunha tiraxe de 1.500 exemplares e serán distribuídas en todo o Estado. No web de pulpbooks é posible consulta a ampla lista de títulos que a iniciativa ten en preparación, con autores como Iolanda Zúñiga, Xavier Alcalá, Francisco Castro, Carlos Meixide ou Jaureguízar son outros dos autores que publicará o selo.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teresa Moure, Teresa Moure, Diego Ameixeiras, Carlos Meixide...