As novelas de Manuel Rivas e Suso de Toro pioneiras na promoción audiovisual

Novelas de anuncio

13/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
37 lecturas | Compartido 0 veces
Edicións Xerais ven de iniciar unha aposta pola promoción audiovisual da narrativa coa presentación dunha campaña de dous anuncios para televisión e a rede. Son dúas das novelas de máis éxito do año que remata: “Os libros arden mal” de Manuel Rivas, que xa leva máis de 10.000 exemplares vendidos e “Home sen nome” de Suso de Toro, que vai pola terceira edición. A produtora Lúa Films encargouse da realizacións dos anuncios de vinte segundos que xa están emitíndose na TVG desde o pasado día 11 e ata o 22 de decembro, e que tamén poden verse na rede a través da canle YouTube. Xerais comeza así unha aposta polo audiovisual que de seguir verase beneficiada pola nova Lei do Libro, que contempla unha cuantiosa redución de canto menos o 60% das tarifas á publicidade do libro galego na TVG.

Os vídeos poden verse en YouTube

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Suso de Toro, TVG, Narrativa...

Claves

Protagonistas