As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

A plataforma GaliciaLe suma desde onte 77 películas á súa listaxe de publicacións dixitais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

Un total de 77 películas de 24 produtoras galegas están dispoñibles desde onte para o seu visionado na plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe. Este espazo, dependente da Rede de Bibliotecas de Galicia permite o visionado en liña durante dous días de cada unha destas películas logo do seu préstamo a cada usuario. A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaban onte este servizo, a destacar que as producións dispoñibles inclúen obras premiadas internacionalmente como De profundis, Sicixia, A Esmorga, Mimosas ou Todos vós sodes capitáns entre outras.

Con estas incorporacións, a plataforma acolle un total de 1.609 libros electrónicos de diferentes editoras galegas, 77 filmes, 31 revistas, 50 audiolibros e un libro interactivo. A Consellaría de Cultura anunciou ademais a vindeira incorporación doutros 44 títulos entre libros e revistas nas vindeiras semanas.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Anxo Lorenzo, Esmorga

Claves

Protagonistas
Conceptos