A Cátedra Rosalía de Castro dará a coñecer novos detalles da vida da poeta

A I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro celébrase o 11 de decembro en Santiago

  • A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle este 11 de decembro a I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro. No encontro diferentes especialistas en estudos rosalianos achegarán datos inéditos e novas pers...

Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico

O Museo Arqueolóxico e o Cineclube Padre Feijoo organizan a cita entre os días 2 e 5 de decembro

  • Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Fei...

O gasto das familias en cultura continúa en máximos en Galicia

O Consello da Cultura publica a IX Conxuntura estatística do ámbito cultural

  • A IX Conxuntura estatística do ámbito cultural, coa que o Observatorio da Cultura Galega analiza de xeito anual os principais indicadores estatísticos sobre esta cuestión no noso país, está xa dispoñible na rede. O Consello da Cultura Galega d...

Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca

A feira foi visitada por máis de 16.000 persoas e para o ano expandirase por Pontevedra

  • A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón q...

patrimoniogalego.net presenta una app para explorar "as paisaxes culturais de Galicia"

Integra 620.000 bens materiais e inmateriais de diferentes fontes

  • A plataforma social patrimoniogalego.net, unha ferramenta colaborativa de catalogación do patrimonio cultural, publicou hoxe una aplicación web destinada á "exploración das paisaxes culturais de Galicia". Trátase dunha web optimizada para teléf...

Sés presenta un novo traballo en formato disco-libro

A cantora publica hoxe'Nadando na incerteza' e un "letrario" da súa traxectoria

  • Hoxe ve a luz un duplo traballo de María Xosé Silvar, coñecida artisticamente como Sés: o libro disco 'Nadando na incerteza' (Autoedición), e o "letrario" 'Mentres quede corazón' que recolle toda a obra lírica dunha década e media de creació...

Pura Salceda recibe o VIIº Premio de Novela Vilar Ponte

Mañá terá lugar en Viveiro a entrega do galardón

  • O Concello de Viveiro acollerá mañá nas súas instalacións a entrega do sétimo Premio de Novela Vilar Ponte. A escritora Pura Salceda Carballeda (México DF, 1961) recollerá o galardón pola súa obra 'A dous pasos do Edén' que acadou por unan...

Cultura amplía a lista de embarcacións do Censo do Patrimonio Cultural

Son trece dornas, galeóns, traiñeiras e botes polbeiros

  • Trece embarcacións tradicionais matriculadas en Vilagarcía, Viveiro e A Coruña acaban de ser incluídas no Censo de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG. As embarcacións recibiron os preceptivos informes...

Falece o pintor José Freixanes

O artista, residente en Madrid, era unha das figuras máis recoñecidas das artes plásticas do noso país

  • O pintor José Freixanes, considerado unha das principais figuras das artes plásticas do noso país, falecía de xeito repentino este 26 de novembro en Madrid, onde residía desde hai anos a partillar domicilio con Granada. Nado en Pontevedra en 195...

Ángeles Tilve será a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación Provincial seleccionou a persoa que xa estaba a ocupar o posto de maneira interina

  • A Deputación de Pontevedra daba a coñecer na mañá deste 24 de novembro o nome da que será a vindeira directora do Museo de Pontevedra. O tribunal do proceso de selección aberto que a entidade abriu o pasado mes de setembro seleccionou a Ángele...

O Museo Massó aumenta os fondos de Lugrís con novas adquisicións

Tres cartas náuticas decoradas polo artista e unha vidreira engádense á colección

  • A importante colección e exposición permanente que o Museo Massó ten do artista Urbano Lugrís (1908-1973) aumentou este ano con novas adquisicións. Segundo conta hoxe o xornal La Voz de Galicia, o ente dependente da Xunta de Galicia adquiriu est...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

A Fundación MOP abre ás portas do mundo fotográfico de Annie Leibovitz

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de celebrar o evento de apertura oficial da súa nova exposición 'Wonderland' que mañá xa estará aberta para o público xeral nos Peiraos de Batería da Coruña. 'Wonderland' supón a primeira gran retro...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

As axudas a salas de artes escénicas repartirán 430.000 euros

A convocatoria da Agadic para estes espazos privados faise bienal por vez primeira

  • A convocatoria de axudas a salas de artes escénicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) realízase por primeira vez de xeito bienal. O Diario Oficial de Galicia desde 19 de novembro publica a resolución pola que se repartirá un tot...

Falece o produtor de cine Julio Fernández

Foi unha figura fundamental da evolución do audiovisual co grupo Filmax desde finais dos anos noventa

  • Con 78 anos de idade falecía hoxe en Miami o produtor cinematográfico Julio Fernández, figura clave do audiovisual estatal nos finais do século XX e principios do XXI a través da súa empresa Filmax. Natural da Fonsagrada (Lugo), os seus restos ...

O Foro internacional de arte e cultura dixital SINTE reúne a expertos e creadores no Gaiás

O programa abre cunha conferencia do autor de creacións dixitais para o Gran Museo Exipcio, a NASA, Google ou Nike

  • O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, que celebra a súa primeira edición este 20 e 21 de novembro na Cidade da Cultura arrincará o xoves coa conferencia plenaria do cofundador e director do estudio Ouchhh, Ferdi Alici ...

A Xunta licita a restauración da igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe

O orzamento de 170.000 euros permitirá recuperar varias pezas escultóricas presentes no templo

  • Un investimento total de 170.000 euros permitirá restaurar a igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe. A Xunta licitou o proxecto de recuperación deste templo de estilo gótico mariñeiro, no que xa se está a traballar sobre o cruceiro. Segundo ...

Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

A cita audiovisual e científica co mundo mariño terá lugar no Teatro AFundación con entrada libre

  • Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afun...

Diego Lara gaña o Concurso de Intervencións artísticas do Gaiás

O madrileño propuxo unhas estruturas de madeira para instalar na lagoa do Xardín Literario

  • A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas ...