'Xenocidio' é escollida como palabra do ano 2025

Rexistráronse 7.200 votos no Portal das Palabras

  • A palabra 'xenocidio' impúxose como palabra do ano no Portal das Palabras promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo impúxose con 2.948 votos dos 7.200 rexistrados, "adiantándose así a voz finalista vinculada a outro fen...

A Xunta creará en 2026 a figura dos "itinerarios culturais de interese autonómico"

Afectará a "trazados de especial relevancia para a difusión e promoción da cultura en todo o territorio"

  • O conselleiro de Cultura José López Campos anunciou nunha reunión con representantes municipais que a Xunta creará en 2026 unha nova figura administrativa chamada "Itinerarios culturais de interese autonómico", orientada a dotar de recoñecement...

Sheila Patrícia presenta 'Epifanía'

O terceiro traballo da artista supón un punto de transformación cunha perspectiva esencialista

  • Sheila Patricia ven de presentar estes días en concerto o que é o seu novo traballo discográfico de longa duración, o terceiro, 'Epifanía' (Xeitosa Producións). Para a artista trátase dunha volta ao esencial, que coloca de novo no centro o ac...

Agadic convoca as axudas á creación escénica para 2026

Manteñen o orzamento de 870.000 euros que este ano apoiou ata 30 espectáculos

  • A convocatoria para axudas á creación escénica publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia non muda as súas condicións e orzamento respecto á anterior, mantendo unha contía total de 870.000 a distribuír en tres anualidades. No reparto por cat...

O tradutor Florian Weber obtén a Residencia Xacobeo

Traducirá ao alemán unha antoloxía da poesía de Estíbaliz Espinosa

  • O filólogo e profesor da universidade de Kiel Florian Weber obtivo a residencia Xacobeo, coa que poderá albergarse na Residencia Literaria 1863 localizada na Coruña. Esta residencia busca promover a tradución da literatura en galego para incremen...

Máis castros de a cabalo entre dúas épocas

Intervencións arqueolóxicas na Croa de Posmarcos, Teso da Ermida, Barbude e a illa de Tambo

  • Decembro está dando conta das últimas campañas arqueolóxicas do ano promovidas pola Consellería de Cultura. Desta volta, a intervención valorativa na Croa de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal) permitiu confirmar a existencia dun poboado fortific...

Agadic axusta á alza as axudas a festivais audiovisuais

Sube o orzamento ata os 310.000 euros e mantén as mesmas condicións de acceso

  • O Diario Oficial de Galicia deste 22 de decembro publica a convocatoria de axudas á realización de festivais de cinema de carácter profesional por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Esta liña ven de incrementar ...

Premio José Sellier da Academia Audiovisual para AGAPI

Recoñécense o carácter pioneiro da asociación e o seu papel vertebrador do sector

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de entregar o XIV Premio José Sellier á Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), en recoñecemento á súa traxectoria exemplar, ao seu carácter pioneiro e á súa contribución decisiva á const...

A RAG analiza as toponimias de Zas, Padrón e Pontecesures

O web da Academia ten dispoñibles dous novos volumes da colección Terra Nomeada

  • A colección Terra Nomeada , coa que a Real Academia Galega (RAG) explica e dá a coñecer os significados de topónimos de todo o país, conta xa con dous novos volumes. O web da entidade ten dispoñibles para descarga Toponimia de Zas , realizado p...

Quiosco: Comunica nº 10

A nova entrega da revista anual da Asociación de Periodistas de Galicia inclúe o informe 'O estado da innovación na comunicación en Galicia'

  • A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) ven de presentar e difundir o número 10 da revista anual Comunica, dedicado neste ao estado da innovación na comunicación en Galicia. A nova edición de Comunica inclúe o informe 'O estado da innovaci...

A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"

  • Santiago de Compostela perde un dos seus espazos culturais de referencia na que era a súa segunda oportunidade. Tras albergar desde 1992 e ata 2011 unha parte importante da actividade cultural máis alternativa de Galicia, sendo espazo de residencia...

A arte busca os camiños da profesionalización

Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo

  • A Asociación Profesional de Artistas de Galicia A Colectiva, en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, trae a Galicia este venres un formato de xornadas que xa leva tempo organizándose noutras comunidades do Estado español e que re...

A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas

A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores

  • A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria bienal de subvencións para proxectos de programación musical nas salas privadas que supón un cambio de modelo e deixa atrás a vinculación desta liña de subvencións á Rede ...

Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo

Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo

  • Este mes de decembro de 2025 cúmprense 30 anos do pasamento da escritora, crítica literaria e xornalista Concha Castroviejo Blanco-Cicerón (Santiago de Compostela, 1910- Madrid, 1995). Baixo a idea de popularizar a súa figura, o Centro de Informa...

Sirât candidata a dous premios Globos de Ouro

O filme foi recoñecido pola revista The New Yorker como mellor película do ano

  • O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro,...

O primeiro videoxogo en galego data de 1989, once anos antes do que se cría

O MUVI saca á luz dúas obras pioneiras do vigués Fran Morell para Spectrum

  • A historia do ocio dixital en Galicia ten un novo capítulo fundacional. Ata o de agora, a historiografía do sector situaba noano 2001 co lanzamento de O misterio das sete pezas , o fito do primeiro videoxogo desenvolvido integramente en lingua gale...

Teatro do Noroeste estrea en Narón Manual de patronaxe

A nova montaxe pode verse os días 5 e 6 no Pazo da Cultura

  • Un texto de Nerea Brey, dirixido por Clara Gayo, é a base da nova montaxe de Teatro do Noroeste. O Pazo da Cultura de Narón acolle este 5 de decembro a estrea de Manual de patronaxe , que permanecerá en cartel ata o día 6. A proposta, que obtivo ...

O concello de Santiago recibe formalmente as esculturas do mestre Mateo

A partir do 11 de decembro poderanse visitar no Museo do Pobo Galego antes da decisión sobre a súa localización definitiva

  • O concello de Santiago escenificou a recepción das esculturas do mestre Mateo, que foron traídas do pazo de Meirás ata o Museo do Pobo galego. Goretti Sanmartín sinalou que se trataba dun "día histórico" para a concello de Santiago. A entidade ...

Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

  • A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o pr...

Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas

O galardón de nova creación entregouse durante a presentación do festival que comezará o vindeiro martes

  • Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar o...