
Ao longo das tres sesións contarán cun programa no que participarán máis de vinte e cinco relatores: artistas, representantes de asociacións profesionais de artistas —autónomicas (PAAC, AVAAC) e estatais (UNIÓN AC)—, axentes culturais e especialistas do sector galego e estatal que son referentes tanto no ámbito nacional como no internacional. Por parte do Ministerio de Cultura asistirán Txema Urquijo, asesor do gabinete do Secretario de Estado de Cultura e coordinador dos traballos de desenvolvemento do Estatuto do Artista desde 2021, e Jesús Carrillo, Subdirector Xeral de Artes Visuais e Creación Contemporánea. A participación nestas Xornadas está aberta a toda persoa interesada e é totalmente gratuÃta.
O broche final das Xornadas será a entrega de recoñecementos simbólicos a figuras, entidades e proxectos salientables do tecido artÃstico galego, con especial fincapé na aplicación das Boas Prácticas ArtÃsticas e o respecto pola profesión.






