Un congreso sobre asociacionismo é a carta de presentación pública de A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia. A entidade escolleu o pasado sábado a súa primeira directiva, con Jorge Couceiro como presidente, e bota a andar coa intención de retomar "a vontade asociativa de anteriores agrupacións de artistas plástic@s no territorio galego, para dotar dunha forma xurÃdica e unha voz común a unha rede de produtores e produtoras de cultura que, a unha situación de precariedade bastante extendida no sector, acostuman a engadir unha falta de iniciativa colectiva que @s debilita para facer calquera tipo de reivindicación profesional ou defensa da normalización das boas prácticas no sector". Deste xeito, a entidade realizará actividades para promover a arte contemporánea e desenvolverá tarefas de "representación, a defensa e a promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais d@s artistas visuais".
Estratexia e forma. Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo é o tÃtulo do encontro que servirá como presentación pública da nova asociación. O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural-Unión Fenosa da Coruña acolle os vindeiros 20 e 21 de outubro esta iniciativa que busca reflexionar sobre diferentes propostas asociativas neste ámbito. Experiencias internacionais e sectoriais e análises sobre a situación do sector artÃstico en España ou en Galicia fan parte dun programa que conta coa presenza de responsables de colectivos a nivel europeo, francés, irlandés ou suÃzo. Xa con anterioridade á súa constituación formal, A Colectiva convocou un velorio pola cultura para protestar pola situación do MARCO de Vigo o pasado 31 de marzo.