Un investimento dun millón de euros porá en valor a contorna de Montefurado

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Quiroga acondicionarán o espazo e crearán un centro de visitantes

  • Este 20 de maio a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Quiroga asinaban o convenio polo que investirán 1.075.000 euros no acondicionamento da contorna de Montefurado. O antigo túnel Romano polo que se desviou o Río Sil ...

Vinte catro creadores pasarán polas III Residencias Literarias de San Simón

A Xunta presentou aos seleccionados para este programa que está activo ata outubro

  • Serán algo máis dunha vintena os creadores que este ano van participar na terceira edición da Residencia Literaria da Illa de San Simón. Nesta iniciativa a Xunta proporciona aos bolseiros unha estadía que ofrece unhas condicións óptimas para p...

Marga Tojo faise co VIII Premio SELIC por Sarela

A autora recibirá os 6.000 euros con que está dotado o galardón da Semana do Libro de Compostela

  • A xornalista e poeta Marga Tojo facíase este 20 de maio coa oitava edición do Premio SELIC de creación literaria. A súa novela negra Sarela fíxoa vencedora do galardón que se convoca no marco da Semana do Libro de Compostela, dotado con 6.000 e...

A Torre-tulla de Fafián incorpórase ao Rexistro de Bens de Interese Cultural

A construción medieval de Rodeiro, en ruínas, pasa a se considerar monumento

  • O Diario Oficial de Galicia deste 19 de maio recolle a inscrición da Torre-tulla de Fafián, en Rodeiro, no Rexistro de Bens de Interese Cultural. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incorpora esta construción medieval en ruínas na categorí...

Novas publicacións celebran as cantareiras polo Día das Letras

Unha campaña da Asociación Puntogal busca agradecer o labor das homenaxeadas este 17 de maio

  • Á beira do 17 de maio, novas publicacións se suman ás homenaxes que reciben as cantareiras polo Día das Letras. Tres libros e unha campaña de difusión afondan no recoñecemento ás mulleres que transmitiron a nosa tradición oral. Canta ti, can...

Plataforma espallará por Santiago as artes performativas

A sexta edición do festival comeza o vindeiro día 21 e xuntará creadores do país e artistas estatais e internacionais

  • O mércores 21 de maio comeza a programación da VIª edición de Plataforma. Festival de artes performativas en Santiago de Compostela que terá lugar ata o 25 de maio. O festival organizado pola Cooperativa Performa caracterízase pola deslocalizac...

Premio Honorífico Martín Códax para Leilía

Músicas ao Vivo recoñece a súa labor de difusión do canto e a música tradicional durante tres décadas

  • No ano no que o Día das Letras homenaxea á poesía oral popular e ás cantareiras, Músicas ao Vivo ven de anunciar a concesión do Premio Honorífico Martín Códax da Música 2025 a Leilía. Nome referente na música galega que transita do sécul...

Cantareiras: Celebrar o patrimonio pendente

O Día das Letras pon o foco nun legado colectivo pendente de investigar e con debates abertos

  • A dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras supón unha mudanza importante no marco no que se desenvolve esta celebración. Para alén das posibilidades que abre esta aposta pola literatura popular e a inclusión da música de cara ao fu...

'Deuses de pedra' de Iván Castiñeiras gaña no Play-Doc

O festival de Tui premia na sección internacional o filme '7 promenades avec Mark Brown'

  • A ópera prima de Iván Castiñeiras (Ourense, 1980), 'Deuses de pedra' alzouse co premio na Competición Galega da finalizada 21ª edición do festival Internacional de Cinema Play-Doc de Tui. O xurado composto pola creadora visual Ana Domínguez, o...

O Consello da Cultura achega a música tradicional ás aulas cunha guía

Edicións Embora e Gadis presentan cadansúa publicación polo Día das Letras

  • Co título Axudádeme a cantar , o Consello da Cultura Galega presentaba este 12 de maio unha guía docente que quere axudar a introducir a música de tradición oral nas aulas. O proxecto, que ensina como organizar unha foliada na escola en sete pas...

Unhas xornadas abordan o malestar vital no traballo cultural

A xornada celébrase o martes 13 de maio pola tarde no Consello da Cultura Galega

  • O Consello da Cultura Galega acolle esta tarde do martes 13 a xornada "Ansiedade e esperanza na nova cultura". O encontro busca "reflexionar e sensibilizar sobre os problemas das implicacións do capitalismo nos traballos creativos do ámbito cultura...

O Ciclo Mestre Mateo comeza a súa cuarta edición

Proxectará os filmes finalistas do certame por toda Galicia e en oito centros galegos no exterior

  • O circuíto de cinema galego Ciclo Mestre Mateo organizado pola Academia Galega do Audiovisual arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os concellos de Betanzos, Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdov...

Unha exposición homenaxea a Moncho Reboiras en Santiago de Compostela

O proxecto amosa traballos de 14 artistas ata o vindeiro 30 de maio

  • O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, en Santiago de Compostela, acolle ata o vindeiro 30 de maio a exposición A semente de vencer. 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras pola ditadura franquista . Este proxecto, coordinado pola Comisión...

Cincuenta e sete proxectos na fase final dos Premios Martín Códax

Desveláronse os finalistas designados polo xurado e ábrese o prazo de votacións populares e da asociación

  • As portas das Bodegas Martín Códax, en Cambados, abríronse este mércores para celebrar a festa de finalistas dos 12º Premios Martín Códax da Música, promovidos por Músicas ao Vivo. Tras a votación do xurado profesional, corenta e cinco band...

Macarena García e Iria Bermúdez fanse co V do Premio Alberte Quiñoi

O xurado outorgoulle á súa obra Un porquiño polo San Martiño os 4.000 euros do galardón

  • O Concello da Estrada acollía este 7 de maio o fallo do xurado do V Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi. O comité seleccionou por unanimidade o traballo Un porquiño polo San Martiño da autoría de Macarena García Vicente e Iria Bermúdez ...

Un libro para prender o lume do canto

O CCG presenta a súa publicación conmemorativa do Día das Letras Galegas

  • "O que querían todas estas mulleres era bailar", explica Beatriz Busto Miramontes, profesora e editora de Agora vou cantar eu , a publicación conmemorativa do Consello da Cultura Galega para o Día das Letras Galegas, "pero para poder bailar precis...

Un libro e un espectáculo para recuperar a figura 'perdida' de Luís Taibo

O Consorcio de Santiago ven de presentar un volume biográfico e un espectáculo a cargo de Abe Rábade, Rosalía Gómez Lasheras e Alejandro Vargas

  • A poliédrica figura de Luís Taibo (Santiago de Compostela, 1877 - México D.F., 1954) compositor, pianista, director, escritor e médico, ademais dunha figura esencial nos diferentes movementos galeguistas de finais do século XIX e primeira metade...

O XXXIV Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo recoñece a Fernanda Tabarés

Alfonso Cid González levou o galardón ao mellor traballo xornalístico do ano

  • A ourensá Fernanda Tabarés, directora de Voz Audiovisual, foi recoñecida co XXXIV Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. Este galardón honorífico que convoca a Deputación de Ourense valora o seu traballo "como figura indispensable do xor...

A Mesa e a AELG levan á ONU a situación do galego

Unha vintena de personalidades da lusofonía apoian o informe que se presentou no organismo internacional

  • O Comité de Dereitos da Organización das Nacións Unidas recibía este 29 de abril o informe Os Dereitos Lingüísticos na Galiza . A Mesa pola Normalización e mais a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega levaban ata o organismo internacio...

O Carballo Interplay recoñece unha comedia iraniana e un director canadiano

Rebelico Revista, Sara Seco e Epidemia Invisible levaron os premios para producións galegas

  • O festival de contidos dixitais Carballo Interplay fechaba este 27 de abril a súa décima segunda xeira coa entrega de premios aos mellores traballos. Na Sección Oficial, o xurado formado polo xornalista e guionista Bob Pop, o cineasta Jorge Boquet...