Unha exposición homenaxea a Moncho Reboiras en Santiago de Compostela

O proxecto amosa traballos de 14 artistas ata o vindeiro 30 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha exposición homenaxea a Moncho Reboiras en Santiago de Compostela

O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, en Santiago de Compostela, acolle ata o vindeiro 30 de maio a exposición A semente de vencer. 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras pola ditadura franquista. Este proxecto, coordinado pola Comisión Organizadora da homenaxe a Moncho Reboiras, recolle obras creadas por catorce artistas do país que interpretan a imaxe e o legado deste mártir nacionalista.

O proxecto, comisariado por Vanesa Iglesias, comprende un conxunto de pezas que as persoas participantes desenvolveron sen indicación previa, con temáticas e técnicas diversas como cerámica, ilustración dixital ou téxtil. O resultado, segundo sinala Iglesias, permite comprobar o xeito no que se percibe a figura de Reboiras na sociedade actual.

Laura Caneira, Ortigha, Cavalinho do Demo (Paula Pereira), Alejandro Mosquera, Ana de Vilatuxe, Pampillo Store (Theresa Lousame), Iago Fernández Díaz, Juanlu Nacha, Leandro Lamas, Celia Arcos, The Pink Phink, Xiralúa, Revolta Creativa (Breo Alamancos) e Estudo Aldea son os nomes que fan parte do proxecto coas súas pezas.

A iniciativa pretende recadar fondos para erixir un monumento a Moncho Reboiras a coincidir co 50 aniversario da súa morte.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, A Semente, Morte...