Un investimento dun millón de euros porá en valor a contorna de Montefurado

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Quiroga acondicionarán o espazo e crearán un centro de visitantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Vista de Montefurado. Fonte: CHMS

Vista de Montefurado. Fonte: CHMS

Este 20 de maio a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Quiroga asinaban o convenio polo que investirán 1.075.000 euros no acondicionamento da contorna de Montefurado. O antigo túnel Romano polo que se desviou o Río Sil no século II contará cun centro de visitantes e cunha nova pasarela que permitirá observalo desde preto. Ademais crearse unha senda circular de catro quilómetros polo antigo curso fluvial.

O investimento, do que a Confederación achegará un 90% e o Concello o 10% restante, prevé tamén a construción dun miradoiro anexo á senda que permitirá contemplar o Sil no seu punto de entrada no túnel e mais a primeira metade do meandro. As actuacións complétanse cun aparcadoiro no acceso á senda, onda a boca sur do túnel, e mais co centro de visitantes que se construirá na propia aldea de Montefurado, nunha parcela que cederá o Concello.

Na presentación deste acordo José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, anunciou tamén a vindeira colaboración do Goberno de España coas universidades de Salamanca e da Coruña "para estudar a saúde xeolóxica do monte e do túnel, tendo en conta o esborrallamento masivo que se vén producindo desde finais do século XX" no monumento.

Contruído no século II para desviar o curso fluvial e practicar minaría de ouro no meandro que quedou seco, o túnel contaba cunha lonxitude orixinal de ao redor de 120 metros, dos que na actualidade se conservan 52 logo de diferentes esborrallamentos provocados pola erosión.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Miño, Ouro, Salamanca

Claves

Conceptos