Marga Tojo faise co VIII Premio SELIC por Sarela

A autora recibirá os 6.000 euros con que está dotado o galardón da Semana do Libro de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Marga Tojo no Consello da Cultura Galega. Fonte: CCG

Marga Tojo no Consello da Cultura Galega. Fonte: CCG

A xornalista e poeta Marga Tojo facíase este 20 de maio coa oitava edición do Premio SELIC de creación literaria. A súa novela negra Sarela fíxoa vencedora do galardón que se convoca no marco da Semana do Libro de Compostela, dotado con 6.000 euros e que inclúe a publicación da obra polo Concello de Santiago.

O xurado do premio destacou do traballo gañador o "tratarse dunha obra ben estruturada, áxil, interesante e que, ademais, achega unha perspectiva da nosa cidade moi actual". Na novela "preséntanse cuestións e inquedanzas da sociedade presente, como a perspectiva de xénero, a de clase, a diversidade afectivo - sexual ou os conflitos laborais, ao tempo que relata feitos da historia local recente". Ademais apunta o acerto de situar unha novela negra en Compostela, "feito que contribuirá, sen dúbida, a anovar as temáticas relacionadas coa cidade, alén dos tópicos históricos ou turísticos".

Arancha Rodríguez Fernández, Daniel Asorey Vidal, Llerena Perozo Porteiro, Manuel Portas Fernández e Óscar Senra Gómez asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural, Xesús Amado Reino, en calidade de secretario, con voz e sen voto conformaron o comité de selección desta xeira dos galardóns.

Que che parece esta nova?
183 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marga Tojo, Concello de Santiago, Daniel Asorey, Llerena Perozo Porteiro...