Sete décadas de creación de Rafael Úbeda no Gaiás

A exposición retrospectiva do pintor inaugurouse hoxe e recolle obra de toda a súa traxectoria artística

  • O Museo Centro Gaiás acolle desde hoxe a exposición 'Rafael Úbeda. Visión retrospectiva', que foi inaugurada esta mañá polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. A mostra abrangue as máis de sete décadas de traxecto...

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil acadou as 20.000 visitas

A vixésima sexta edición do evento clausurouse onte aumentando a súa marca de asistentes

  • Clausurouse este domingo a XXVI edición do salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acadando un fito de público. Máis de 20.000 asistentes entre público familiar e escolares pasaron por alí nos 17 días que se mantivo o programa de activ...

O ciclo TRC Danza 2025 comeza o 5 de abril cunha estrea absoluta

O programa desta cita coruñesa coas artes do movemento ofrecerá 12 obras

  • O Ciclo TRC Danza 2025, traerá ao Teatro Rosalía de Castro da Coruña 12 obras contemporáneas de danza de compañías galegas, nacionais e internacionais, entre os meses de abril e decembro. A nova edición comezará o vindeiro sábado 5 de abril ...

A VI Semana do Cinema Galego ofrecerá oito producións recentes no Teatro Colón

Entre elas están as películas premiadas e finalistas dos Premios Mestre Mateo

  • A Coruña acollerá do 26 ao 29 de marzo a celebración cinematográfica non competitiva de cine feito en Galicia, que exhibirá o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de oito filmes, catro longametraxes de ficc...

Unha xornada reivindica o papel das librarías para o futuro do libro galego

Celébrase hoxe mércores a partir das 16.30

  • A Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura organiza esta tarde a xornada "As librarías, un ecosistema posible para o libro galego", co obxectivo de "explorar as posibilidades das librarías como ecosistemas posibles para...

O Centro Dramático Galego ábrese ao teatro comunitario con Fábrica de fume

A obra que se inspira na historia de Sargadelos poderá verse os domingos de marzo no compostelán Salón Teatro

  • Este domingo 16 de marzo o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), acolle a estrea de Fábrica de fume . A coprodución do CDG coa apoio da Consellería de Cultura e a colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)...

Cristina Pato recibe o Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades

O xurado do galardón concedido polo Concello de Ourense acordouno por unanimidade

  • O xurado do XIX Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, convocado poloa Concello de Ourense acordou por unanimidade concederlle o galardón deste ano á artista ourensá Cristina Pato Lorenzo. Música, escritora, educadora e produtora, ...

A lectura e compra de libros en galego estáncanse en cifras baixas

O Barómetro da Federación de Editores presenta datos do 2024 con poucas variacións aínda que ascendentes

  • Segundo os datos que presenta o novo Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 20'24 da Federación de Gremios de Editores de España a lectura en galego non experimentou apenas cambios respecto ás malas cifras do 2023. Quedan en 3,8 % as...

Dous Premios Nacionais de teatro universitario para a aula de Ourense

A montaxe 'Desequilibrios' acadou galardóns ao conxunto do elenco e ao espazo escénico

  • A Federación Española de Teatro Universitario acada de conceder os seus premios anuais, os Premios Nacionais de Teatro Universitario. As aulas de teatro do campus de Ourense, da Universidade de Vigo, acadaron dous galardóns pola montaxe 'Desequili...

Os Mestre Mateo apuntalan a industria audiovisual

O listado de finalistas coroa a serie Rapa seguida da longametraxe As Neves

  • A edición número XXIII dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual galego bateu récord de candidaturas inscritas tanto nas categorías de produción, cun total de 199 obras, como de profesionais, con 536 participantes. O anuncio de finalistas, efectua...

Xosé Vizoso, o artista agochado

O Día da Ilustración reivindica un creador que marcou coas súas propostas icónicas a paisaxe cultural do país

  • Os seus icónicos deseños son facilmente recoñecibles e fan parte desde hai décadas a paisaxe cotiá galega. Carteis, murais, capas de libros, cerámicas ou billas de cervexa son mostras da produción inxente deste artista. No entanto, durante moi...

Coñécense os setenta finalistas dos Premios Follas Novas 2025

Son os concedidos polas asociacións de escritores, editoras e librarías de Galicia

  • Os premios Follas Novas fixeron hoxe pública a lista de setenta finalistas da súa edición 2025. Será a décima convocatoria do premio que unificou os galardóns da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Gale...

Un investimento de 450.000 euros resolverá as humidades da Catedral de Lugo

A Consellería de Cultura adxudicou os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas

  • ...to. Prevese que os traballos, inseridos nos investimentos do Plan Catedrais e financiadas con fondo Feder, se desenvolvan ao longo dos vindeiros seis meses. López Campos adiantou ademais que está prevista unha vindeira actuación no conxunto para reha...

A Xunta aproba as axudas ao talento musical de Agadic

Tras dunha convocatoria bianual con fondos europeos de máis dun millón vólvese ao modelo de 2021 incrementado ata os 150.000 euros

  • ...erior publicada en 2022 ao abeiro do Hub Audiovisual Industria Cultural Galega con cargo aos fondos Feder dentro do eixo React-UE que tiña un orzamento de máis dun millón de euros. A actual convocatoria seméllase máis á de 2021, que mantiña daquela u...

Jaime Pena é o novo director da Filmoteca de Galicia

Ascende ao posto tras trinta anos levando a programación da institución

  • Tras cinco anos coa vacante da dirección da Filmoteca de Galicia (anteriormente CGAI) sen cubrir, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ven de poñer á fronte desta institución a Jaime Pena (Miño, A Coruña, 1965), un profesional da propi...

As editoriais levan a Guadalaxara a conmemoración dun século da edición moderna en Galicia

A delegación empresarial ten previstas dúas actividades dentro da Feira Internacional do Libro

  • A Asociación Galega de Editoras estará presente na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, do 30 de novembro ao 8 de decembro, con dúas actividades dentro do programa oficial para profesionais de España, no pavillón que terá habilitado na ...

Localizan unha gran áncora do século XIX nunha vivenda de Muxía

A peza foi depositada no Museo de Man en Camelle

  • Unha gran áncora do século XIX canda outras máis pequenas foi recuperada pola Garda Civil nunha vivenda de Muxía, onde decoraba unha fachada. Os axentes procederon trala interposición dunha denuncia presentada no porto de Muxía, na que se sinal...

Pontevedra inicia a VIª Semana Lorquiana

O Museo provincial rememora o paso do poeta granadino pola cidade en 1932

  • O Museo de Pontevedra celebra, por sexto ano, a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade. Entre este martes 12 e o 16 de novembro, o Museo acollerá visitas con contacontos concert...

Manuel Rivas gaña o Premio Nacional de las Letras Españolas

O galardón concedido polo Ministerio de Cultura recoñece a súa calidade narrativa e a solidez da súa traxectoria

  • O Ministerio de Cultura ven de dar a coñecer que o escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957) resultou galardoado co Premio Nacional de las Letras Españolas, correspondente ao ano 2024, a proposta do xurado reunido hoxe. O premio está dotado con 50.0...

Constitúese o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de constitución

  • Algo máis dun ano despois da publicación do decreto da súa creación, e superando moito os prazos marcados polo mesmo, hoxe quedou oficialmente presentado e constituído o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano que estará in...