A lectura e compra de libros en galego estáncanse en cifras baixas

O Barómetro da Federación de Editores presenta datos do 2024 con poucas variacións aínda que ascendentes

26/2/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua

Segundo os datos que presenta o novo Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 20'24 da Federación de Gremios de Editores de España a lectura en galego non experimentou apenas cambios respecto ás malas cifras do 2023. Quedan en 3,8 % as persoas que prefiren o galego como lingua de lectura, unas décimas por riba do 3,1% que a enquisa daba o pasado ano. Hai unha leve mellora tamén en canto á declaración da lingua do último libro mercado, que no 2024 queda no 6,1% da poboación, respecto ao 5,5% que resultaba no 2023. Ocio e entretemento son as razóns máis comúns para a merca de libros, en Galicia ese motivo dáse no 66,2 % dos casos, algo por riba da media española. Entre os usuarios e usuarias de audiolibros, o 89,9% escóitaos habitualmente en castelán e un 11,7% opta por escoitalos en inglés. Só o 2,5% escolle usar este formato, en galego.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Editores, Federación de Gremios de Editores, Medios de comunicación...