O Salón do Libro Infantil e Xuvenil acadou as 20.000 visitas

A vixésima sexta edición do evento clausurouse onte aumentando a súa marca de asistentes

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Cartel de esta edición

Cartel de esta edición

Clausurouse este domingo a XXVI edición do salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acadando un fito de público. Máis de 20.000 asistentes entre público familiar e escolares pasaron por alí nos 17 días que se mantivo o programa de actividades. Esta cifra supón un fito para este evento que este ano dedicábase temática ao cinema e que tiña a Francia como país convidado. Durante a celebración leváronse a cabo máis de 150 actividades concertadas no horario matinal e ata 34 centros educativos tomaron parte nelas. A cita coa lectura tamén levou ao Pazo da Cultura de Pontevedra durante esta edición a integrantes de asociacións ou colectivos coma Amencer Aspace, Down Pontevedra, Centro Ocupacional Méndez Núñez, Federación de Persoas Xordas de Galicia, TDAH Salnés, Secretariado Xitano.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Cine, Pazo da Cultura de Pontevedra, Francia...