Localizan unha gran áncora do século XIX nunha vivenda de Muxía

A peza foi depositada no Museo de Man en Camelle

A peza foi depositada no Museo de Man en Camelle
Foto: Guardia Civil / Ministerio de Interior
Unha gran áncora do século XIX canda outras máis pequenas foi recuperada pola Garda Civil nunha vivenda de Muxía, onde decoraba unha fachada. Os axentes procederon trala interposición dunha denuncia presentada no porto de Muxía, na que se sinalaba que nesa casa exhibíase esta áncora pertencente ao naufraxio do buque da Armada británica HMS Serpent, afundido en 1890 e que está na orixe do famoso 'cemiterio dos ingleses'. A Garda Civil encargou un informe á area de Patrimonio da Federación Española de Actividades Subacuáticas, quen dictaminou que a áncora era de tipo 'almirantazgo' e empregada con frecuencia pola mariña real británica no século XIX. A peza non sería a áncora principal do buque do que se desprendeu, senón unha máis pequena empregada para actividades auxiliares. A áncora fora atopada nas proximidades de Cabo Vilán hai uns 25 anos. A Garda civil tamén localizou outras dúas áncoras das que se está investigando a orixe. O xulgado de Corcubión estableceu que as pezas debían ser trasladadas e depositadas no Museo de Man en Camelle (Camariñas) "onde serán preservadas mentres se leva a cabo unha análise máis detallada".