Matria recibe a Áncora de Ouro do Festival de Curtas Armadiña

A actriz ourensá Eva Fernández recibiu o premio especial do encontro

19/11/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A curtametraxe Matria de Álvaro Gago acaba de sumar ao seu palmarés o premio Áncora de Ouro. O Festival de Curtas Armadiña, que se celebrou en Poio, daba a coñecer onte, domingo 18, os seus galardóns. O xurado, composto por Pilar Varela, María Roja, Pablo Cacheda, Juan de Castro e Laura Doval seleccionou a curta de Gago, mentres os votos do público escolleron para a Áncora de Prata o filme Noche de Paz, de Santiago Requejo. Canda a estes, as actriz ourensá Eva Fernández recolleu o premio especial do encontro en recoñecemento ao seu labor interpretativo e a súa implicación social.

O palmarés incluíu tamén Areka, de Atxur Animazio Taldea, como mellor curta animada, Tournées, de Israel González como mellor curta ambiental e Veleno de Adrián González Fernández como mellor vídeo musical, mentres o Premio Crea á Mellor Dirección foi para Juan Galiñanes por Mariñeiro.

De xeito paralelo, a galega Sara Casasnovas obtivo esta fin de semana o II Premi Temporada Alta: Cine i Escena polo seu labor como directora na curtametraxe A xustiza pola man. O galardón entrégase no marco da iniciativa JamesonNotodoFilmFest.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Matria, María Roja, Álvaro Gago...