A compañía Ancora presenta no teatro Galán unha obra baseada en sucesos

Sucesos teatrais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os sucesos que habitualmente enchen as páxinas dos xornais conforman o guión de "Sucesos" a última aposta de Ancora Teatro que representa esta noite no Teatro Principal. Ademais, as mozas de Legaleón abre esta noite na Nasa a programación do Circuito Intersala 2000.

Sucesos

Logo de estudiar danza clásica e contemporánea e de formarse en música en España, Francia e Nova York, Olga Mesa creou a súa propia compañía en 1992, acadando recoñecemento internacional. Esta mesma semana, ademais de actuar, tamén está a impartir un taller na escola de danza Espacio Aberto de Compostela.


Intersalas 2000

O grupo Legaleón inicia esta noite o programa do Circuito Intersalas 2000, organizado pola Coordinadora de Salas Alternativas. A mostra que se exhibe hoxe "Cómeme o punto" afonda nas reflexións sobre o concepto home-muller. Un montaxe sinxelo que pretende fuxir de tópicos a mosando unha realidade dende diferentes ángulos. A programación continúa na Nasa con "olivettis poéticos" de Teatro Imaginario o 16 e 17. A sala Galán acolle, ademais, "O amante" de teatro de la Esquirla o 17 e 18. O programa remata o coa compañía Madrid Rayo Malayo do 30 ó 2 de deembro na Galán.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Galán, NASA, Guión...