Xavier Lama estrea o palmarés do Premio Laudamuco

O autor obtivo o galardón de textos teatrais coa obra Na miña alma ouvea un lobo

6/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
24 lecturas | Compartido 0 veces

A primeira xeira do Premio Laudamuco de Textos Teatrais, que convocan o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas ten xa gañador. O texto Na miña alma ouvea un lobo, da autoría de Xavier Lama, foi seleccionado polo xurado mercé á "capacidade do autor para explorar, con notable eficacia dramática e a través de sucesos e personaxes tomados da realidade, zonas escuras de funcionamento dos estados modernos, sen impoñerlle ao lector puntos de vista únicos". Lama obtén un premio en metálico de 7.000 euros e verá a súa obra publicada por Edicións Positivas. A entrega do premio realizarase en Brión o vindeiro 16 de maio, a coincidir co aniversario da primeira función profesional do teatro galego, precisamente da obra Laudamuco, señor de ningures.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados