O premio Laudamuco de textos teatrais honrará a memoria de Roberto Vidal Bolaño

Está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra

30/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
39 lecturas | Compartido 0 veces

Roberto Vidal Bolaño foi veciño do concello de Brión e nel está depositado o seu legado. É por iso que o municipio, xunto coa Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, puxeron en marcha o Premio Laudamuco para textos teatrais "coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega", e ao mesmo tempo, dar a coñecer e manter viva a figura de Roberto Vidal Bolaño. O certame está destinado a obras dramáticas inéditas, ten unha dotación de 7.000 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Positivas. A obra Laudamuco, señor de ningures foi estreada en 1978, e é considerada a obra coa que o teatro galego iniciou a súa profesionalización, segundo indican en Erregueté, a Revista galega de teatro.


Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Teatro, Edicións Positivas, Edicións Positivas...