Vicente Piñeiro gaña o Premio Laudamuco de textos teatrais

O xurado decantouse pola obra "Devólvenos ao Xermánico" sobre o xeneral romano

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLiteratura
Compartir:
Vicente Piñeiro gaña o Premio Laudamuco de textos teatrais

Vicente Piñeiro González (Lugo, 1954) ven de facerse co Vº Premio Laudamuco de textos teatrais, convocado polo Concello de Brión e Edicións Positivas. A obra premiada leva por título "Devólvenos ao Xermánico", baseada na figura do xeneral romano Xermánico, pai de Calígula, sobriño neto de Augusto e sobriño de Tiberio, que o adoptou como o seu sucesor. O autor recollerá o seu galardón e os 7.000 euros cos que está dotado, o vindeiro 16 de maio, a coincidir co corenta e catro aniversario da posta en escena da obra "Laudamuco, señor de ningures" de Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) , a quen se busca homenaxear e lembrar coa convocatoria deste certame. Piñeiro González ten unha traxectoria de libros de narrativa baseados en situacións e personaxes da nosa Historia. O texto será posteriormente editado por Edicións Positivas.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Edicións Positivas, Edicións Positivas, Roberto Vidal Bolaño, Narrativa...