A obra Dentes de coello, da dramaturga e narradora oral Paula Carballeira, alzouse como vencedora no IV Premio Laudamuco para textos Teatrais. O certame, que convoca o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas está dotado con 7.000 euros en metálico e a publicación da obra nesta editorial. Carballeira convértese así na primeira muller en gañar este certame, nado para promover a figura de Roberto Vidal Bolaño.
O xurado destacou do traballo galardoado "a atmosfera da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica". A acta sinala ademais "as grandes posibilidades de posta en escena do texto, na que destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simbólica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante ás paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch".
O comité de selección, que escolleu a obra por unanimidade entre as vinte participantes, estivo composto por Carlos-Caetano Biscaínho-Fernandes, Marta Núñez Aboy, Ánxela García Abalo, Oti Ríos e Xavier Castiñeira Blanco, quen actuou como secretario.