O Concello de Brión daba a coñecer este 19 de marzo o fallo do VI Premio Laudamuco de textos teatrais. O escritor José Luís Baños de Cos, nado en Xerez da Fronteira e asentado en Galicia desde hai anos, impúxose nesta xeira do certame coa súa obra A porta. Un relato de violencia, que lle reportará 7.000 euros e será publicada por Edicións Positivas.
O xurado do certame valorou que "o texto posúe unha poderosa dramaturxia construída a partir do cruzamento entre ficción e realidade, personaxes e intérpretes, metateatro e psicodrama" ademais de "o feito de a obra construír unha abafante atmosfera bélica como eixo do conflito humano, incluído o propio proceso de creación".
O comité de selección estivo composto por Xoana Balado Fernández, Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez, Miguel Pernas Cora, Francisco Oti Ríos e Carlos Vizcaíno Fernández, quen actuou como secretario. O premio Laudamuco duplicou nesta xeira a súa participación, cun total de 49 propostas, a segunda cifra máis alta desde a súa creación. O galardón entregarase o vindeiro 16 de maio en Brión.
Baños de Cos suma con este premio un novo galardón ao seu palmarés. Nos últimos anos, este autor impúxose en certames como o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018), o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019), o Premio Roberto Vidal Bolaño (2020 e 2022), o VIII Premio Teatral Varela Buxán (2021), o Premio Barriga Verde para textos de monicreques (2022) ou o Premio Exeria (2023).