Camelle abre o seu propio Museo dos Naufraxios

A Casa da Cultura acolle unha colección de obxectos relacionada con estes sucesos na localidade

City of Agra
City of Agra
Mentres o previsto proceso de conversión da lonxa vella de Camariñas en Museo dos Naufraxios aínda ten moito camiño por diante, esta mesma fin de semana en Camelle, localidade do mesmo concello tivo lugar a apertura do seu particular Museo dos Naufraxios de Camelle. No marco da celebración das xornadas Mare de Invernía II, organizadas pola Asociación Naufraxios Galegos, a Casa da Cultura abriu no segundo andar este particular museo local, fornecido con pezas de naufraxios e obxectos náuticos que forman parte de catástrofes costeiras coma a do City of Agra, así coma con maquetas e outros obxectos doados por particulares e mostras de artesanía local inspiradas por estes sucesos. A casa da Cultura, que ten no seu primeiro andar o Museo de Man acolle no segundo esta mostra chamada a ser refrencia da historia locals vencellada aos naufraxios, canda menos ata que exista o futuro Museo dos Naufraxios da Costa da Morte.