Co tÃtulo Vento do Nordés: Palabras que levan a cultura do noso mar, Camelle acolle entre o 7 e o 10 de agosto un programa cultural centrado nos naufraxios. A Deputación da Coruña, co apoio da Asociación Cultural Naufraxios e do Concello de Camariñas organiza este encontro que inclúe música, proxeccións, conferencias ou visitas guiadas.
A proposta arrinca na tarde do dÃa 7 cunha visita guiada á sala dos naufraxios e da historia marÃtima do Museo do Mar de Camelle, á que seguirá cunha conferencia de Xurxo Souto sobre historias da experiencia mariñeira galega. Unha proxección do filme Sica, á que seguirá un coloquio aberto sobre a representación do mar no cinema, completa esta primeira xornada.
O dÃa 8 repetirase a visita guiada, á que seguirá unha conferencia de Rodrigo Costoya sobre as orixes galegas de Colón e a proxección do documental City of Agra. Na seguinte xornada, o programa inclúe un obradoiro de maquetismo de barcos e un roteiro teatralizado nocturno pola vila.
O ciclo finaliza o dÃa 9 coa actividade multidisciplinar de Xosé Iglesias Pintar un Deus e mais cun roteiro que explorará a pegada dos naufraxios no Camelle urbano. As pandeireteiras Mar Devalado fecharán o encontro. A AC Naufraxios organiza tamén outras actividades a reivindicar a pegada deste fenómeno na nosa cultura, como o programa co que se conmemora cada ano o aniversario do afundimento do City of Agra en Arou (Camariñas).