O teatro comeza e remata. E non só as funcións, senón os ciclos e os programa. O que comeza é o Festival Internacional de Teatro de Sitges que nos deixa información para o teatro galego por partida doble. Por unha banda porque Materile Teatro, co seu espectáculo "A brazo partido" está dentro do cartel de SaÃda e porque formará parte da I edición do Circuito da Rede de Teatro Alternativos. E en segundo lugar porque se desenvolve o III Congreso Estatal de Salas Alternativas, grupo no que figura a Sala Nasa. E o que remata é a temporada dos "Espectros" do Centro Dramático Galego que coa actuación desta noite en Narón.
Sitges
En Sitges arranca un dos festivais máis prestixiosos do teatro no estado español. Con 33 edicións ás súas costas contribúe a poñer ó alcance do público diferentes textos que se están representando en diferentes lugares da xeografÃa española e ofrecerllo ó público catalán. E no cartel que ofrecerá espectáculos durante dez dÃas hai unha compañÃa galega. Trátase de Matarile Teatro, que leva á cidade catalana a súa última montaxe "A brazo partido". Unha montaxe que acadou un notable éxito esta temporada en Galicia e que ten prevista a súa actuación en diferentes localidades europeas. A obra foi dirxida por Ana Vallés sobre textos de Javier MartÃnez Alejandro e con Helen Bertels, Juan Berzal, Ana GarcÃa, Eugenia Iglesias, Roberto Leal e Daniel Moreno como protagonistas. O dÃa previsto para o seu debut é o dÃa 5 ás 23:00 horas no Mercado catalán, onde repetiráno dÃa seguinte ás 21:30 horas.
Pero o grupo compostelán tamén está de noticia por outros motivos. E é porque forma parte da I edición do Circuito da Rede de Teatros Alternativos xunto con Legaleón (EusKadi), Andrés Corchero-Rosa Muñoz (Cataluña) e A República (Madrid).
Polo demais, dentro do certame desenvólvese o VIII Congreso Estatal de Salas Alternativas, unha entidade á que pertence a Sala Nasa. E no que se debatirán as actividades a desenvolver para o ano 2003, e nos que se reelixe a súa Xunta directiva.
Fin dun ciclo
A xira dos Espectros chega ó seu fin. E faino en Narón, onde esta noite pecha a xira coa súa última representación. Unha obra de Henri Ibsen que adaptou Manuel Guede e que contou coa colaboración da compañÃa de Rui Madeira. Os espectros estivo programada durante un mes en Compostela e logo foi de xira pola rede de Teatros e Auditorios de Galicia e polo norte de Portugal con boa acollida por parte do público.