A Federación Española de Teatro Universitario acada de conceder os seus premios anuais, os Premios Nacionais de Teatro Universitario. As aulas de teatro do campus de Ourense, da Universidade de Vigo, acadaron dous galardóns pola montaxe 'Desequilibrios', que acadou o premio ao mellor elenco e ao mellor espazo escénico. O acto de entrega dos galardóns da Federación Española de Teatro Universitario tivo lugar en Madrid, no Palacio Longoria, e o xurado estivo composto por académicos e académicas da Academia das Artes Escénicas de España. Ademais dos dous galardóns acadados, a aula teatral do campus de Ourense tivo outras seis candidaturas finalistas: nas categorÃas Mellor Obra (por Desequilibrios), Mellor Dirección (Fernando Dacosta), Mellor Actor de Reparto (Gonzalo Otero), Mellor Espazo LumÃnico (José Manuel Bayón), Mellor Cartel de Obra (Pablo Otero) e Mellor Cartel de Festival (da Miteu, feito por Disigna Edenia).
'Desequilibrios' conta con dramaturxia de Fernando Dacosta, director das aulas teatrais do campus, e está inspirada en 'Alguén voou sobre o niño do cuco', do escritor Ken Kesey. Foi o froito do traballo durante o pasado curso académico do grupo das aulas de teatro do campus de Ourense Maricastaña, o nivel máis avanzado dos tres grupos que conforman estas aulas universitarias. Tras a súa estrea, esta peza xirou por diferentes festivais e espazos escénicos galegos, estatais e algún foráneo. O premio ao mellor elenco recoñece o traballo dos seus membros: Nerea RodrÃguez, Carmen Blanco, Miguel Estévez, Marisol Amoeiro, Lola Fernández, Antonio Praza, Gonzalo Otero, Tatiana González, Iria Losada, Nuria Saco, Irene Pérez, Antonio Miranda e Iván Iglesias. Pola súa banda, o galardón ao mellor espazo escénico corresponde a Fernando Dacosta.