Un grupo vigués gaña o Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Benavente

Tamén recibiron os premios de mellor actriz, actor de reparto e montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A insólita historia de Jimmy Pelotriste é a obra coa que o grupo vigués Teatro Avento gaña o Certame Nacional de Benavente. Ademais do premio á mellor obra de teatro tamén acadou o de mellor actriz, mellor actor de reparto e mellor montaxe. O certame, que premia as mellores obras de teatro afeccionado de todo o Estado, desenvolveuse esta fin de semana en Benavente. Organizada polo grupo municipal Teatro Intercazia, tamén premiou as compañías de Teatro Caricato de Torrejón de Velasco (Madrid) e Harém Teatro (Zaragoza).

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Zaragoza, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares