Premio Talía para Morris por 1936

O actor vigués ve recoñecido o seu traballo na montaxe do Centro Dramático Nacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Antonio Durán "Morris" en 1936      Foto: CDN / Bárbara Sánchez Palomero

Antonio Durán "Morris" en 1936 Foto: CDN / Bárbara Sánchez Palomero

A Academia de Artes Escénicas de España ven de recoñecer ao actor Antonio Durán "Morris", co Premio Talía ao Mellor actor de reparto de Teatro de Texto polo seu traballo en '1936'. O intérprete dá vida a tres personaxes na montaxe do Centro Dramático Nacional en coprodución con El Terrat e Check In Producciones: o xeneral Queipo de Llano, o bispo Antonio Montero e Nicolás Franco. O actor vigués é finalista tamén nos Premios MAX por este mesmo traballo e o vindeiro 16 de xuño coñecerase se resulta premiado . A montaxe, que revisa os feitos do golpe de Estado do ano 1936 que traería a ditadura de Franco, resultou gañadora tamén do Premio a mellor espectáculo de teatro de texto. O espectáculo está actualmente en xira.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morris, Centro Dramático Nacional, Espectáculo, Teatro...