A Asociación Galega de Editoras estará presente na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, do 30 de novembro ao 8 de decembro, con dúas actividades dentro do programa oficial para profesionais de España, no pavillón que terá habilitado na feira como convidada de Honra. A primeira, o 4 de decembro, ás 11:00 (hora local), a AGE conmemorará os cen anos da edición moderna en Galicia cunha conferencia do seu presidente, Henrique Alvarellos, que será presentado pola directora xeral do Libro do Ministerio de Cultura, María José Gálvez. Seguirá a presentación da edición bilingüe do libro '100 anos de edición moderna en Galicia/100 años de edición moderna en Galicia' que conmemora o mes de novembro de 1924, cando Leandro Carré e Ánxel Casal puxeron en marcha a editorial Lar, o primeiro proxecto de editorial galega moderna.
O mesmo día 4 de decembro, ás 12:00, presentarase o Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, con Xosé Ballesteros, director xeral de Kalandraka, acompañado pola xornalista, escritora e axente literaria chilena, Vivian Lavín. Alvarellos Editora, Kalandraka, Hércules de Ediciones, Cumio, Triqueta Verde, Ediciones del Viento, Creotz Ediciones e Arnoia Distribuidora desenvolverán a súa axenda de traballo no espazo xestionado pola Asociación Galega de Editoras dentro do stand da Federación de Gremios de Editores de España.
Delegación institucional
Como é xa habitual desde fai uns anos a Xunta de Galicia estará tamén presente no FIL dun xeito separado á Asociación Galega de Editoras. Así, por parte da delegación promovida polo Goberno galego, acudirán a esta cita como autores convidados Eva Mejuto, Manel Loureiro, Manel Cráneo, Pedro Feijóo e José María Paz Gago, que participarán en diferentes actividades como presentación, conferencias e entrevistas. Ademais, contarase cun expositor propio institucional para exhibir unha selección dos títulos recentes das principais editoriais galegas como son Galaxia; Hércules; Bululú; Demo; El Patito; Medulia e Entre nubes y cuentos. A estes libros únenselle outras publicacións de autores galegos mercadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.