Unha xornada conmemorativa, a renovación da súa imaxe institucional e publicación dun libro, entre outras actividades. Deste xeito quere celebrar a Asociación Galega de Editoras os 40 anos do seu nacemento ao longo deste 2023. Segundo comunicou a entidade, o deseñador Pepe Barro correrá co novo deseño corporativo, mentres o volume Cen anos de edición moderna en Galicia recollerá as intervencións no último Simposio do Libro da Lectura, celebrado en Compostela en novembro de 2022.
Como obxectivos para este ano a entidade, que na actualidade agrupa 45 empresas, destaca a intención de "no mercado interior, sumar forzas co resto de colectivos que integran a cadea do libro galego (principalmente a Federación de LibrarÃas de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) co fin de superar a preocupante situación na que se atopa a lingua galega e incrementar ese 17% de cota actual de mercado de libro galego en Galicia".
Canda a isto salienta o seu interese por "acadar os apoios necesarios, e útiles, para a proxección exterior da nosa edición, tan necesitada de traspasar fronteiras, unha reclamación xa histórica que a Asociación demanda da Xunta de Galicia e que, a inicios deste 2023, aÃnda segue pendente".
Precisamente encol desa proxección exterior, a entidade lembra que acudirá de novo en solitario ás feiras internacionais, logo que de a ConsellerÃa non respondese, de agora, á proposta de participación que lle remitiu. Deste xeito, a AGE contará con espazo propio, co apoio da entidade de xestión de dereitos CEDRO, en Boloña (Italia), do 6 ao 9 de marzo; LIBER, do 10 ao 12 de outubro, en Madrid; Frankfurt, do 18 ao 22 de outubro; e FIL Guadalaxara (México), do 25 de novembro ao 3 de decembro.