O Consello da Xunta aprobou onte a activación dunha nova convocatoria da liña de subvencións para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, a través da cal se investirán 150.000 euros no apoio a carreiras de artistas e grupos que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Poderán optar a estas axudas empresas galegas (pemes e persoas traballadoras autónomas) que se dediquen ao management artÃstico ou á edición fonográfica para impulsar o ascenso ou a consolidación dos artistas e bandas que representan a través de calquera dos ámbitos do proceso musical. As bases elevadas ao Consello da Xunta establecen unha axuda máxima de 15.000 euros por proposta, cunha intensidade de ata o 75 % do orzamento subvencionable, de xeito que poidan cofinanciarse un mÃnimo de 10 proxectos. A Xunta asume estas novas axudas con fondos propios, tras unha convocatoria anterior publicada en 2022 ao abeiro do Hub Audiovisual Industria Cultural Galega con cargo aos fondos Feder dentro do eixo React-UE que tiña un orzamento de máis dun millón de euros. A actual convocatoria seméllase máis á de 2021, que mantiña daquela un orzamento de 120.000 euros igual ao de convocatorias anteriores. Os 29 proxectos artÃsticos subvencionados coas axudas de 2022 non poderán optar ás axudas de 2025, de xeito que teñan cabida nelas novas propostas galegas cara ao seu ascenso ou consolidación no mercado musical.
Subvencionaranse mediante esta convocatoria gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de maio de 2026 que teñan que ver coa creación, consolidación ou impulso da imaxe de marca do artista ou banda, os estudos de mercado e as estratexias de posicionamento, a concepción, o lanzamento e a presentación dun novo produto musical, os labores de promoción, ou a gravación e distribución de traballos discográficos. O obxectivo desta convocatoria, inserida no programa de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2025, é impulsar o talento musical galego, ao tempo que consolidar a cadea de valor desta industria cultural, de xeito que se favoreza a calidade dos proxectos, a profesionalización e a modernización, co foco posto no uso das novas tecnoloxÃas e a dixitalización. Para a súa concesión, en réxime de concorrencia competitiva, valoraranse as traxectorias da empresa e da formación musical para a cal se solicita a axuda, asà como o uso do galego ou a presenza feminina en postos relevantes do proxecto, entre outros aspectos.